Bamarti (XXVII Rally de Noia) by F.González
Nacho Cobo (III Rali de Galicia Histórico) by Noiaras
Jose Pose (XIV Subida a Cidade de Pontevedra) by A.Castro
Manuel Senra (III Rali de Galicia Histórico) by Sergi
Alberto Otero (XXVII Rally de Noia) by F.González
Amador Vidal (XVI Autocross Arteixo) by Noiaras
A.Figueira (XXVII Rally de Noia) by Diego Glez
J.Mato (III Rali de Galicia Histórico) by A.Castro
Iván Ares (XXXIII Rally San Froilán) by Sergi
A.Fente(XXVII Rally de Noia) by Diego Glez

OsDaCunetaRacing

Bamarti




1.-ODCR: ¿Como viches o cto galego de rallyes este ano? ¿Qué opinas sobre o número de inscritos no campionato galego neste ano de crise?
-Bamarti:
Home, en principio eu creo que todos os anos o campeonato galego esta moi ben en canto a diferencia de rallyes, de tramos e a cantidade de pilotos e a calidade. O que pasa que este ano eu xa dixen no seu momento, enfadoume un pouquiño o tema de que os "Grupo N" corrían demasiado e xa levaban tempo, e cada vez era peor e nos co noso coche con 400cv que dá o Escort, vía que corría tanto como os outros. Foi un punto que despois xa na metade da tempada foron arranxando o tema e creo que agora esta algo diferente.
Ca crise non se salva nadie. Creo que chegar o número de inscritos que se esta chegando a verdade é digno de estudiar, supoño que será porque se permite, se axuda o deporte de base que os coches aqui para correr un campeonato, calquera persona que quere correr o rally da súa casa, pois bueno non se lle complica demasiado as cousas e sobre todo imaxínome que ten que haber moitísima afición para conseguir eso.

2.-ODCR: Estase a falar de facer rallyes de dous días(sábado e domingo). ¿Cal crees que é o mellor planteamento?
-Bamarti: Imaxínome que cada persoa terá súa maneira de ver as cousas. Dende meu punto de vista, prefiero un día solo; dous días para facer os mesmos kilómetros de rally eu vexo demasiado lento.  Entre marchar para correr un sábado e o final mentras entregan os premios vas chegar a casa as 11 da noite, lunes hai que ir traballar, a min personalmente non me gusta nada. Prefiero facer o rally dun tirón, incluso o rally en vez de rematar as 8 da tarde como si é ata as dúas da mañán, non o sei, publicitariamente se cadra non é tan bo ou sí pero eu creo que hay que facelo rally toda dunha tirada.

Comprendo que os patrocinadores que se cadra algún que teña hotel ou restaurantes lle poida saír un tanto beneficioso, pero bueno, en canto a economía nosa, pagar hoteles e comidas dous días fóra da casa penso que é demasiado para un rally do galego.


3.-ODCR: ¿Que opinas dos coches de agora nos que inflúe máis a electrónica que a mecánica?
-Bamarti: Bueno eso hay pouco que opinar, eu penso que a todos nos gusta ver un "Grupo B" pero a tecnoloxía é asi. Cada ano vaise evolucionando e facilita a condución dos coches. Vemos que tanto no mundial como na F1, as veces chegan a un punto que todo é electrónica, diferenciales electrónicos, caixa de levas, caixa de cambios e agora quitan un pouquiño tanta tecnoloxía e empezan a poñer un poco máis parte do piloto; entonces eu creo que o bo é o equilibrio.

A electrónica esta perfecta para despois aplicala na calle, onde nosos coches sexan máis doado de conducilos. Pero bueno, na competición ten que haber algo de pilotaxe, senon, non sería competición.

4.-ODCR: Algúns deportistas doutras ramas deixan o seu deporte e se incorporan o automovilismo. ¿Cres que teñen os mesmos dereitos que os pilotos que levan máis tempo esforzándose?
-Bamarti: Personalmente canto máis grande sexa a empresa que estea patrocinando a quen corre, ou canto máis faga a nivel publicitario de alguén famoso que esté metido no noso mundo, pois estupendo. Ojalá que o Príncipe de Asturias correra en rallyes, porque vai vir máis prensa, vai vir máis medios e vai ser máis bonito. A min gustoume moito ver a Dorribo involucrado nos rallyes, pero acabou como acabou. Podía acabar doutra maneira. Ti non das competido contra estos equipos dese nivel, pero é verdade que lle dan máis prestixio ós rallyes.

Por outra banda, para o piloto/equipo a parte máis difícil da tempada é conseguir os apoios necesarios para poder correr. Quen consiga apoios e consiga correr ¡olé!.

5.-ODCR: As normas da FGA fan que un WRC sexa potencialmente igual que un Mitsubishi. ¿Que medidas se deberían tomar?

-Bamarti: Vendo o que hay por fóra non podemos decir que o noso automovilismo en Galicia estea mal. Todo o contrario.

Un Wrc e un Mitsubishi non están en igualdad, o que pasa é que os coches fáltalles que vaian algo máis polo legal. É imposible que un Evo "Grupo N" por moita electrónica que teña cunha brida de 32mm, corra tanto como un WRC, é imposible.

E menos con un Wrc que se pode correr aqui como Skoda, ou co Escort mesmo, ou con calquer coche que corre con brida 38mm non é posible.  Si os outros coches estiveran como tiñan que estar, de feito eu creo que unha das cousas que pasou foi: tanto o Escort, o Subaru, o Skoda ou o Focus de Burgo, a xente colleu medo e dixo, para correr como esta xente hai que facer aventuras no coche. Penso que un WRC esta claramente por riba do resto.

6.-ODCR: -¿Cómo ves o tema da seguridade nos nosos rallys?
-Bamarti: Creo que ben, penso que cada vez hai máis seguridade, a xente compórtase mellor, penso que esta ben. Esta claro que sempre se pode mellorar e está claro que non é a mesma visión do rally a dos primeiros participantes que quizás a do dorsal 90 que ahí se cadra sí que habría que mirar un pouquiño. Polo xeral cando paso eu, a xente está ben colocada.
Cada rallye vexo mellor, esta clarísimo que se pode mellorar, pero claro dependendo a veces da cantidad de persoal que teñas; ás veces, tráfico mandan dúas patrullas con radares para multar en vez de mandar xente para apoiar a organización, entonces contando todo iso e os medios que hai, creo que se mellorou moitísimo e que cada ano se mellora ainda máis.


7.-ODCR: En algúns países hay "prototipos" que corren nos ralis. ¿Crees que sería viable en Galicia que tamén puidesen correr?
-Bamarti: Si, eu creo que si. O máis positivo seguramente sería poder involucrar dalgunha maneira as marcas de coches directamente, ainda que sexa nun campeonato rexional: Peugeot, Ford, Citroën, Renault quen sexa, nos apoiaran e fixeran algunha copa de promoción. Creo que debería de ser máis positivo, ou ó que se chama sempre ao deporte de base que os pilotos poidan empezar case en igualdade de condicións, que te poidas medir a calquer outro piloto realmente moi similar e poder ir progresando.
O que está claro que nos campeonatos por ahí adiante, en Francia, Bélxica… que se permite todo tipo de coches e a verdade  que é un espectáculo ver a lista de inscritos. Falo de velo nas revistas, nunca tiven a sorte de ir alá.


8.-ODCR: -¿Cres que a nova Copa de Históricos nos rallys galegos vai ter tanto éxito coma no pasado?
-Bamarti: Eu creo que si, quizás ainda máis, quizás haxa máis coches deseando salir e xente que ten os coches deseando participar con eles, ainda que non sexa tanto a optar pola victoria, senon máis ben a sacalo a dar un paseo e ir un pouquiño rápido e a disfrutar. Penso que é unha boa iniciativa.

9.-ODCR: Probados os dianteira, 4x4 (tanto Mitsubishi como WRC) ¿Gustaríache probar un GT?
-Bamarti: ¡Hombre! Encantaríame, encantaríame probar un Gt, pero son consciente de que un Gt para que vaia ben hay que invertir moita pasta, non é como se di, compro un Porsche métolle barras e xa corre, non. Compras un Porsche, tés que cambiar todo o coche si queres ter un coche de carreiras de verdade: dirección, os frenos, caixa, suspensións… todo iso é moi costoso.

Pero bueno, teño a gran suerte de poder conducir dous dos coches máis emblemáticos no mundo dos rallyes como son o Peugeot 306 Kit-Car ou como é un WRC que neste caso foi un Escort pero non deixa de ser un WRC, e creo que con calquera dos dous coches, se pode correr e ganar en calquera rallye se a suerte, o tempo, os tramos son propios para o coche.

Non voto en falta correr con un GT, simplemente poder seguir correndo con calquera dos coches que puiden facelo ata o de agora, son coches máis que sobradamente suficientes para divertirse e para poder optar a victoria.


10.-ODCR: Iván Ares ten pensado saír no 2012 cun Porsche, ¿ves un coche que poida dar guerra, ou polo contrario sufrirá en Galicia pola climatoloxía, carreteras estreitas…?
-Bamarti: Está clarísimo que é un coche que vai a dar guerra, pero é un pouco o que decíamos antes, vai depender no que invirta nel. O coche ven de circuítos e non vale para correr en rallyes, agora dependendo do diñeiro que meta nel, o coche será máis ou menos competitivo. De todas formas a min pasoume alguna vez co Kit-Car; chegas a un rally chovendo, vinte cruces que temos feito algún en grava e tal e o Porsche non se vai defender, a diferencia dun Mitsubishi ou sobre todo dun WRC da igual que chova que faga sol, que sean tramos rápidos ou lentos que van a ir ben. Entón vai depender da climatoloxía, de cómo sexan os tramos vai ter máis opcións ou menos, pero bueno, vai ser sempre un coche bonito de mirar e un coche moi a ter en conta de cara a victoria.

11.-ODCR: ¿Que pláns tes para 2012? ¿Volveremos ver o Wrc alternando co Kit-Car?
-Bamarti:
 
Pregunta moi difícil (risas). A día de hoxe non o sei, si a xente que me axudaba, as empresas, as personas que me votaron unha man me poden seguir axudando (espero que si) e eu poida aportar algo do meu bolsillo. En caso de non conseguir o dito, esperarei. O que teño clarísimo é que Bamarti continuará, non sei cando pero continuará.
Se podo, gustaríame empezar na primeira carreira do ano, daríame igual correr co Wrc ou co Kit-Car. Seguramente o máis propio sería que co coche que empezara, acabara con él a tempada para coller ritmo.

Por outra banda, o reto do ano que ven sería volver a Portugal co mesmo coche pero que corra un pouquiño máis. Fixémolo dous anos, os dous anos acabamos, e a verdad é que me apetece volver outro ano e saír a ritmo.

12.-ODCR:¿Existe na túa mente a palabra “revancha sana” contra algún piloto?
-Bamarti:
Si, gustaríame correr un campeonato enteiro porque por mala sorte non puiden correr unha tempada completa contra Pedro Burgo. Os dous campeonatos que empecei non os acabei e por casualidad nos dous campeonatos iba de primeiro cando os abandonei. Tampouco me preocupa porque tiven a sorte de correr contra Senra, Castrillón, Vallejo… e conseguín dous campeonatos, tres subcampeonatos e realmente estou satisfeito e tranquilo. Pero eso sí, empecei dous campeonatos que non puden acabalos e quedas con ese mal sabor de boca. Pero xa digo, tranquilos e contentos cos resultados que fixemos.



13.-ODCR::¿ Non che gustaría facer a tempada completa de montaña nun man a man entre ti e Manuel Senra?
-Bamarti: 
Home sempre é bonito correr contra Senra; non me importaría pero no seu día tiven a sorte de gañar montaña en turismos e o absoluto tamén, entonces creo que foi unha etapa que xa está cumprida. Posteriormente cambiámonoss ós rallyes e conseguimos gañar. Ahora si surxira e puidera correr un campeonato de terra, pois para min como "palmarés" tamén sería bonito ter montaña, asfalto e terra.

14.-ODCR:¿Verías factible rallyes mixtos de terra e asfalto?
-Bamarti:
Por suposto, serían rallyes moi bonitos e máis tal e como son aquí as carreteras en Galicia que sempre podes combinar un trozo de asfalto con outro de terra e rematando en asfalto ou viceversa. Eu creo que sería bonito, se cadra sería un pouquiño máis costoso, pero como piloto á hora de salir a facer un campeonato mixto; variedade á hora de elexir rodas, montaxes etc. Creo que sería escuela poder correr con coches en terra-asfalto e aprender a conducir.

15.-ODCR: Nun futuro, ¿gustaríache presentar ás candidaturas da FGA?
-Bamarti: Eso si que non (risas). Igual que creo que eu non sería un bo copiloto (fan unha labor para min importantísima todos os copilotos, eu sempre digo que o meu copiloto é a parte máis importante do coche). O de ser presidente da Federación Galega non basta con ser piloto ou ex-piloto, tes que ter unhas cualidades especiais para entender o tinglado todo. Non é o mesmo ser piloto que ser presidente da Federación. Sería unha cousa que realmente non é o meu. Os que estean que o fagan, que é un traballo que para min non é. Eu son piloto e basta, hasta ahí.

16.-ODCR: ¿Cando caduca Bamarti?
-Bamarti:
(Risas) Dende o ano 1991 que empecei, levarei 80 ou 90 carreiras. Levo moi poucas carreiras. Cando empezo un campeonato intento facelas todas, non coma neste ano que parei na terceira carreira. Bamarti está sempre con unhas ganas de correr loquísimas, teño as mismas ganas de correr que cando empecei, e se económicamente podo estar cun coche e con medios para botar gasolina, rodas e entrenar, ahí estarei. A día de hoxe sigo sendo igual de rápido que sempre ou se cadra máis, porque cada carreira aprendes un pouquiño.
De momento hai Bamarti e habrá Bamarti para moito tempo. ¡Ojalá!


 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis