Bamarti (XXVII Rally de Noia) by F.González
Nacho Cobo (III Rali de Galicia Histórico) by Noiaras
Jose Pose (XIV Subida a Cidade de Pontevedra) by A.Castro
Manuel Senra (III Rali de Galicia Histórico) by Sergi
Alberto Otero (XXVII Rally de Noia) by F.González
Amador Vidal (XVI Autocross Arteixo) by Noiaras
A.Figueira (XXVII Rally de Noia) by Diego Glez
J.Mato (III Rali de Galicia Histórico) by A.Castro
Iván Ares (XXXIII Rally San Froilán) by Sergi
A.Fente(XXVII Rally de Noia) by Diego Glez

OsDaCunetaRacing

Isaac Durán




1.-Osdacunetaracing: ¿Quén che impulsou a entrar no mundo da competición?

-Isaac Durán:
Tomei eu mesmo a decisión no Rally Sur do Condado 2008.

2.-Osdacunetaracing: ¿Que lle pareceu a túa familia a decisión de correr?
-Isaac Durán:
Non lles fixo especial ilusión, pero deixaron que empezase sen problema.

3.-Osdacunetaracing: ¿Como foi teu debut?
-Isaac Durán: Foi na Ulloa, estaba bastante tranquilo, estando ben situado, ardeume a intalación do coche, ainda asi puidemos acabar.

4.-Osdacunetaracing: ¿Recordas algunha anédocta curiosa?
-Isaac Durán: No parque pechado da Canuda, unha rapaza quixo un autógrafo meu na camiseta, e morrín da vergonza.

5.-Osdacunetaracing: ¿Cal é a túa proba favorita?
-Isaac Durán: Pódese dicir que o Rally Sur Condado, pero moi preto estaría o Rally de Noia, non o teño moi claro.

6.-Osdacunetaracing: Tes un Citroën Saxo co cal corres no Volante RACC, ¿porque escolleches este coche e non outro? tamén vimos que ías cambiar de coche.
-Isaac Durán:
Escollín ese coche porque era un coche moi forte e cun bo precio respecto a todo o material que ten despois de estar vendo infinidade de eles. O motivo de cambiar de coche a verdad é un pouco capricho e intentar mellorar, collendo un coche máis moderno.

7.-Osdacunetaracing: ¿Que obxectivos te propós?
-Isaac Durán: Propóñome intentar manterme en todos os rallyes entre os 5 primeiros da Racc, que este ano case o conseguimos e estibemos hai en todos menos o primeiro e intentar nalgúns pelexar polo podio.

8.-Osdacunetaracing: ¿Gustaríache probar noutra categoría que non sexan os rallyes?
-Isaac Durán:
Gustaríame correr en montaña cun Fórmula ou un Speedcar, non se descarta ademais.

9.-Osdacunetaracing: ¿Que lle dirías a alguén que quixese empezar a competir?
-Isaac Durán: Que fose pouco a pouco. O importante é acabar rallyes que é cando máis satisfeito quedas tanto ti como a xente que che rodea. Que non se preocupe polos resultados, que se teñen de chegar chegan, temén que sexan humildes que a cousa e moito máis complicada do que parece.

 

10.-Osdacunetaracing: ¿A quén lle tes que dar as grazas?
-Isaac Durán: A moita xente. A meu pai, a todos os meus patrocinadores, os meus mecánicos en especial a Hugo que é o que realmente move todo o tinglado e fai que o coche sexa rápido e fiable.

-Osdacunetaracing: Graciñas por contestar as nosas preguntas.



 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis