Bamarti (XXVII Rally de Noia) by F.González
Nacho Cobo (III Rali de Galicia Histórico) by Noiaras
Jose Pose (XIV Subida a Cidade de Pontevedra) by A.Castro
Manuel Senra (III Rali de Galicia Histórico) by Sergi
Alberto Otero (XXVII Rally de Noia) by F.González
Amador Vidal (XVI Autocross Arteixo) by Noiaras
A.Figueira (XXVII Rally de Noia) by Diego Glez
J.Mato (III Rali de Galicia Histórico) by A.Castro
Iván Ares (XXXIII Rally San Froilán) by Sergi
A.Fente(XXVII Rally de Noia) by Diego Glez

OsDaCunetaRacing

Victoria Pose




1.-Osdacunetaracing: ¿Como comezou a túa paixón polo mundo da competición?
-Victoria Pose: Pois todo comezou de pequena, cando ía ver correr a meu pai no galego de Autocross, ainda que en xeral sempre me gustou o mundo do motor. Este ano despois de moito insistir na casa decidín mercar un coche e iniciarme no mundo da competición.


2.-Osdacunetaracing: Fálanos un pouco do teu debut.
-Victoria Pose: Debutei en Burgos no campeonato de Castilla y León xa que no galego, como todos sabemos, a situación non está moi ben. As sensacións foron boas, moitos nervios antes da saída e sobre todo nas primeiras voltas xa que era a terceira vez que conducía un coche de carreiras e a primeira vez que salía no medio dos outros coches. O peor de todo foi que nas mangas clasificatorias desfixéronme toda a parte traseira do meu coche cando un dos outros pilotos perdeu o control do seu Citroën Saxo e impactou contra o costado esquerdo e parte da defensa traseira do meu que estaba parado na pista xa que unhas voltas atrás tivera un roce con outro coche, e por problemas coa bateria non puiden encendelo. Endereiteino como puiden e saín na final.

3.-Osdacunetaracing: ¿Que nos poderías contar do teu coche?
-Victoria Pose: O meu coche é un Peugeot 106 8v. Ten suspensión PTS e de caixa leva unha Be4 cun grupo corto e autoblocante. En canto ao motor esta completamente de serie, espero poder facer algunha evolución cara a tempada que ven.


4.-Osdacunetaracing: ¿Quen e teu modelo a seguir?        
-Victoria Pose: Sen dúbida meu pai. É o que máis pelea conmigo, trata de ensinarme todo o que sabe e procura corrixirme en todo o que fago mal. Leva moitos anos fora da competición, pero esto é coma andar en bicicleta, nunca se olvida.

5.-Osdacunetaracing: Agora mesmo compites en Autocross, ¿gustaríache probar noutra categoria do Autocross?
-Victoria Pose: Por agora estou ben na division 2-A pero encantaríame poder probar un SCC ou un 4x4, son conduccións diferentes nas que cada coche é un mundo, onde podes poñer o coche ao teu gusto e de forma libre xa que ti podes “diseñar” o coche á tua maneira. Facer un coche de este tipo non é fácil, pero máis difícil é que sexa competitivo. Sería todo un reto para min.


6.-Osdacunetaracing: E fora do Autocross, ¿en que modalidade che gustaría probar?
-Victoria Pose: Como boa aficionada ao mundo do motor gustaríame poder algún día poder dar o salto aos rallys de asfalto, ainda que me gusta moito máis a terra pero en Galicia non temos esa modalidade, e facer o nacional sería un presuposto demasiado alto para min.

7.-Osdacunetaracing: Obxetivos que te plantexas cara o futuro.
-Victoria Pose: O obxetivo máis inmediato é ir mellorando a miña forma de conducir pero eso faise dando moitas voltas e facendo moitas carreiras, asi que o tempo é fundamental.


8.-Osdacunetaracing: ¿A quen lle tes que dar as grazas?
-Victoria Pose: Pois a toda a xente que me animou a dar o paso e que está carreira tras carreira apoiandome e sobre todo axudando no que poden. Pero sobre todo a meu pai e ao mecánico que me acompaña a todas as carreiras.

-Osdacunetaracing: Moitas grazas polas respostas.

 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis