Bamarti (XXVII Rally de Noia) by F.González
Nacho Cobo (III Rali de Galicia Histórico) by Noiaras
Jose Pose (XIV Subida a Cidade de Pontevedra) by A.Castro
Manuel Senra (III Rali de Galicia Histórico) by Sergi
Alberto Otero (XXVII Rally de Noia) by F.González
Amador Vidal (XVI Autocross Arteixo) by Noiaras
A.Figueira (XXVII Rally de Noia) by Diego Glez
J.Mato (III Rali de Galicia Histórico) by A.Castro
Iván Ares (XXXIII Rally San Froilán) by Sergi
A.Fente(XXVII Rally de Noia) by Diego Glez

OsDaCunetaRacing

David Grandal





1.-Osdacunetaracing: ¿Como comezou a tua andadura no mundo dos rallys?
-David Grandal: A miña andadura comezou no ano 2002 cando o meu actual copiloto e amigo me animou a facelo no Rallye de Ferrol.

2.-Osdacunetaracing: ¿Qué recordas do teu debut e con que coche foi?
-David Grandal: Foi un bo debut a bordo dun Peugeot 205 rallye.

3.-Osdacunetaracing: ¿Qué coches pilotastes e de cal tes mellor recordo?
-David Grandal: Pois corrín cun Peugeot 205 rallye do que teño un moi bo recordo ao ser o coche no que debutei, e despois corrín cun Fiat Punto HGT, Peugeot 106 Rallye, Citroën Saxo, Citroen C2 un dos que máis alegrías me dou, e agora mesmo co Mitsubishi Evo IX.

4.-Osdacunetaracing: ¿Cal é a tua proba preferida?
-David Grandal: A miña proba preferida sempre foi o rallye da casa, por correr diante da túa xente, pero sempre me gustou correr o Baixa Limia polas súas carreteras e afición.

5.-Osdacunetaracing: ¿Cal é o teu mellor recordo de toda a tua carreira?
-David Grandal: Teño varios, un foi no Baixa Limia do 2007 que despois de ter unha tempada negra co Citroën Saxo volveu a miña dereita Javi Varela rematando o rallye nun 8º posto na xeral, sendo asi a primeira vez que remataba entre os 10 primeiros dun rallye. Foi un día moi feliz por ese motivo, pero tamén por recuperar a unha gran persoa o meu lado.
O outro momento foi en Narón do 2008 cando gañamos o Volante Racc no rallye da casa, foi algo inexplicable, gañar diante de toda a xente que che coñece, e poder dedicar o triunfo a toda a xente que traballa para que o teu coche non teña ningún fallo, esa xente xunto coa que che anima a todas horas é o que fai que un rallye sexa algo máis que un evento deportivo.


6.-Osdacunetaracing: ¿E o peor?
-David Grandal:  O peor recordo que teño foi do ano pasado cando no rallye de Narón volcamos no segundo tramo perdendo asi todas as opcions a poder gañar o Volante Racc, e eso non foi o que máis me doeu, senón que o meu copiloto se lastimou, e iso si que te marca.

7.-Osdacunetaracing: ¿Cómo ves os rallyes en Galicia?
-David Grandal: Pois gustaríame que se mirase máis polos chavales que estan comezando e necesitan axudas, que nesta comunidad a verdade é que non teñen moitos apoios, e as empresas que temos aqui en vez de mirar pola xente da terra, contratan pilotos de fóra.
Nesta comunidade temos moi bos pilotos e copilotos e é unha pena que non poidan saír a relucir por falta de apoios tanto por parte das empresas como por parte da federación, que cun pouco de traballlo ó meu pensar poderíase facer unha copa onde fosen os coches iguais e se puidese axudar o gañador.

8.-Osdacunetaracing: ¿Gustariache ir correr a outra comunidade?
-David Grandal: Si, moito. De feito estamos plantexando saír a correr este ano, e senon é este ano será para o 2011 a Comunidade de León e Madrid.

9.-Osdacunetaracing: ¿Que tal foi o cambio do antigo C2 ao novo Mitsubishi Evo IX?
-David Grandal: É moi distinta a conducción, pero de momento é cedo para poder decirvos as diferenzas xa que temos rodado moi pouco co coche.

-Osdacunetaracing: Grazas por responder as nosas preguntas.


 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis